miércoles, 5 de noviembre de 2008

Zapatos de Tacón1-óleo sobre tela 50x40 cm.
Amin gústame recrearme nas obras que segundo vou traballando encontro novos sentidos pra ir afondando nelas, non sei canto tempo me levará nin cando vou rematar un cadro, comenzo con bosquexos nos que logo levados a tea amosan novas formas que se incorporan a obra moitas veces sen eu preténdelo. Hai quen di que cando remata un traballo séntese satisfeito; moi poucas vegadas notei isa sensación, paréceme case sempre que queda algo por dicir. Cando me mergullei no expresionismo, ó primeiro non sabía que facer, estaba desorientado, o que quería era pintar doutro xeito, cheguéi a pensar que debía deixalo pois non atopaba un novo camiño, estaba valeiro na creatividade, coido que me repetía en cada cadro e ise non era pra min o xeito de continuar. Recordo que os desexos estaban no absoluto, non era nin son quen de levar o lenzo o que penso no seu máximo esplendor, tan só un pequeno anaco.Tento levar a tea sentimentos, sensacións que as veces fluen incoscientemente non sempre con formas biolóxicas, se non que en moitas ocasións é a cor a que envía a mensaxe.

No hay comentarios: